TARIFA ALOXAMENTO

A tarifa inclúe os servizos de aloxamento en dormitorios comunitarios de entre 4 e 10 prazas en liteiras (segundo dispoñibilidade) e almorzo, así como o uso dos servizos comunitarios e as salas comúns ou concertadas. 

As Estadías de Convivencia dinamizadas pola Asociación Revolta Natural teñen unha tarifa integrada coa prestación do servicio de dinamización de actividades.

Tarifa Infantil:

Menores de idade*

 

6,00 €

Tarifa Social:

Mocidade, Estudantes, Desempregados, Pensionistas, Persoas en Risco de Exclusión Social e monitores de tempo libre**

8,50 €

Tarifa Xeral: Poboación activa

12,00 €

Prezos con IVE por persoa e noite.  Desconto do 20% para socios-as de Revolta Natural. Faite socio-a

Horarios:

Contratación única deste servizo: entrada a partires das 21:00 horas e saída antes das 10:30 horas

Contratación combinada con outros servizos ou actividades: sen restrición horaria

Prazas e distribución:

26 prazas no albergue, en 3 dormitorios comunitarios de 6, 8 ou 10 prazas e 1 dormitorio de 2 prazas, en liteiras (con manta e almofada). Xogo de sabas: 4 €/cama e estadía.

Dispoñibilidade na zona de acampada: con tenda propia ou aluguer de tendas de 8 prazas en 2 dormitorios separados e recibidor (total 24 prazas). Consultar.

 

NOTAS:
* Os menores deben estar acompañados dun adulto responsable en ratio máxima 1 adulto cada 5 menores, que abonarán a tarifa correspondente. Os menores de 3 anos non pagan tarifa de aloxamento.

** Poderase solicitar acreditación de estar en calquera destas situacións.

Albergue Rural Garabullos
Lugar de A Rega 23
Sistallo, Cospeito, Lugo
Telf.: 600 03 49 07
albergue@garabullos.com
Revolta Natural www.revoltanatural.org Inicio Contacto Facebook
Condicións