Un proxecto de vida

Garabullos é un proxecto de vida; Garabullos é...

...un espazo libre inmerso na natureza da Terra Chá para aprender coas emocións; un tempo pausado para desenvolver os nosos talentos; unha vida equilibrada; unha experiencia para compartir os nosos coñecementos e traballar coas nosas capacidades; unha aposta por ser felices...


Queremos compartir co mundo:

- un sentimento de verdadeira paixón pola relación humana coa natureza.

- un espazo aberto que permita contemplar a grandiosidade da paisaxe e a complexidade do mundo.

- unha aprendizaxe dende as emocións, baseada nos principios da educación orgánica, onde cada quen explora os seus propios intereses e atopa o seu talento natural, aproveitando a dispoñibilidade das condicións idóneas para o florecemento persoal.

- unha reflexión sobre a terra, a paisaxe, o ritmo, a auga, o aire, a vida, o consumo, o afecto, o respecto, a convivencia, a colaboración... e actuacións acordes cos principios de desenvolvemento sustentable.

- un lugar equilibrado e creativo, onde aproveitamos as innovacións técnicas do século presente, valoramos as de séculos previos e imaxinamos e probamos novos modos de facer.
 
- un tempo intenso, pausado, compartido e alegre, marcado polo ritmo natural da terra, momentos de aprendizaxe significativa e satisfacción persoal con risas compartidas na realización de tarefas, xogos, aventuras, faladoiros e tantas outras experiencias.

- un coñecemento aplicado no medio: a Terra Chá, os humedais e as migracións de aves, a fauna e flora autóctona e doméstica, a tradición artesá, o patrimonio histórico, as nubes, as estrelas, a economía social, o aproveitamento de recursos naturais, a gastronomía local, as actividades de aventura...

- un traballo enriquecedor, cooperativo e solidario, no que poidamos compartir as nosas capacidades e amosar os nosos talentos, contribuíndo na xustiza social e na conservación da vida rural.
Albergue Rural Garabullos
Lugar de A Rega 23
Sistallo, Cospeito, Lugo
Telf.: 600 03 49 07
albergue@garabullos.com
Revolta Natural www.revoltanatural.org Inicio Contacto Facebook
Condicións