Os obxectivos

Queremos aprender a sentir a natureza e compartir esa aprendizaxe.

Cos proxectos e actividades propostos pretendemos contribuír ó desenvolvemento integral das persoas facilitando experiencias nas que as persoas sexamos capaces de:

•  Percibir, valorar e respectar a riqueza do entorno natural (o bosque, os sendeiros, as lagoas, a fauna e flora silvestre, as estrelas,…), facendo ademais exercicio físico

•  Apreciar o traballo en equipo, realizando as dinámicas de coidados dos animais e a horta

•  Reflexionar sobre o consumo, aproveitando os recursos naturais e favorecendo o desenvolvemento sostible (a auga, o sol, os froitos das árbores, a compostaxe, as herbas…)

• Unir a imaxinación coa capacidade de realización, fomentando a creatividade e o aproveitamento de materiais de desfeita a través dos obradoiros

• Favorecer as relacións persoais, coñecendo e valorando o estilo de vida e costumes da xente do campo (as feiras, a música, as lendas...)
Albergue Rural Garabullos
Lugar de A Rega 23
Sistallo, Cospeito, Lugo
Telf.: 600 03 49 07
albergue@garabullos.com
Revolta Natural www.revoltanatural.org Inicio Contacto Facebook
Condicións