Un pequeno mundo

Os "garabullos" son os paiños que colocamos primeiro para prender o lume;
nós queremos ser garabullos no lume da vida,  porque queremos prender un sentemento intenso de conexión coa natureza en todas as persoas que compartan con nós o traballo na horta, o coidado dos animais da granxa, os paseos polos bosques, a elaboración da comida, a limpeza dos ríos...
Creamos un pequeno mundo no que todo o que nos rodea é un elemento imprescindible: os prados, o ceo, as fragas, as conversas, o aire, o silencio, as fontes, os muiños, as risas, a oscuridade, o vento, ...

Un mundo que se desenvolve no tempo presente aproveitando o pasado, o recordo e as tradicións do entorno rural e traballando para construír un futuro sostible, equilibrado e xusto, no que as persoas disfrutemos da natureza, aprendamos dela e das outras persoas e utilicemos dun xeito racional as vantaxes tecnolóxicas. 
Garabullos é un mundo aberto,: 
aberto á natureza
aberto á participación activa
aberto ó lecer e á diversión
aberto ó traballo e a diversión
aberto á sostenibilidade, á tradición
aberto á innovación social, tecnolóxica, ecolóxica, educativa 
aberto ó deporte, á cultura, a arte
aberto ás tertulias, ó recollemento
...
aberto o teu mundo.
É para todo o mundo, nenos e nenas, co colexio, coa familia...; xóvenes, co instituto, coa pandilla...; adultos, coa asociación, co clube, cos empresa...;
porque cada un de nós queremos vivir una experiencia de achegamento o mundo natural para sentir, para rir, para aprender, para desconectar, para coñecernos...
Albergue Rural Garabullos
Lugar de A Rega 23
Sistallo, Cospeito, Lugo
Telf.: 600 03 49 07
albergue@garabullos.com
Revolta Natural www.revoltanatural.org Inicio Contacto Facebook
Condicións