A metodoloxía

En Garabullos, a vida transcorre sen presa e sen pausa, nun tempo rural vivido con intensidade e satisfacción. Un ritmo que permite aprender entendendo, valorando, sentindo, observando...

O proxecto Garabullos ten unha intencionalidade educativa na perspectiva non formal, priorizando a adquisición de valores sociais a través da propia experiencia, buscando a motivación persoal no desenvolvemento sensorial, intelectual, social, espiritual e afectivo.
 

Propoñemos o xogo como ferramenta educativa por excelencia, para maiores e nenos, convencidos de que esta é unha experiencia natural e instintiva coa que xerar actitudes e desenvolver capacidades para a conservación do medio ambiente e a cohesión social.

O bosque, os sendeiros, os prados, a horta, a granxa... O aire libre é o lugar preferido para desenvolver todas as actividades, permitíndonos gozar do frío, da choiva, do vento, da calor, da luz... como compañeiros naturais da vida rural galega.

As actividades, proxectos e programas  se desenvolven:

• disfrutando dun ritmo sereno na realización das tarefas e actividades para poder vivir a experiencia intensamente

• estimulando o autocoñecemento e motivando na superación de retos e limitacións

• impulsando sinerxias e colaboracións para aproveitar as capacidades individuais na consecución de obxectivos grupais

• xerando experiencias lúdicas e divertidas que favorezan as relacións interpersoais positivas e a risa

• promovendo a búsqueda de intereses persoais e a autonomía persoal

• fomentando o optimismo e a creatividade para resolver as dificultades

• incitando a curiosidade e a imaxinación para aprender observando con tódolos sentidos, da xente e da natureza

• mostrando afecto, confianza e apoio e participando na vida veciñal
 
 
Albergue Rural Garabullos
Lugar de A Rega 23
Sistallo, Cospeito, Lugo
Telf.: 600 03 49 07
albergue@garabullos.com
Revolta Natural www.revoltanatural.org Inicio Contacto Facebook
Condicións