A localización

está a 3 km de Feira do Monte, a 32 km de Lugo e a 11 km de Vilalba.
 
Para chegar dende Lugo o camiño axeitado será dende a A-6. Na saída 510, en Rábade, nos desviaremos dirección Cospeito pola estrada LU-111. Seguiremos toda a estrada ata chegar á rotonda de entrada á capital do municipio, Feira do Monte. Seguiremos recto un cachiño e torceremos á esquerda para coller a estrada LU-6501 dirección Vilalba.
 
Se entramos na Feira do Monte dende Castro ou Meira, a estrada LU-6501 quedará de fronte ou a man dereita.
 
Sairemos do núcleo urbán cara Vilalba e, despois de pasar sobre o río Támoga, veremos de fronte o Pazo de Sistallo.
 
Continuaremos pola estrada de Vilalba e despois de pasar un establecemento de fontanería, coller a pista da dereita, onde xa aparece a indicación da granxa.
 
Para chegar dende Vilalba, sairemos da vila dirección Meira e no km 3 xiraremos á dereita na pista que indica Cospeito, Feira do Monte. Pasado o km 6, na beira dereita da estrada, hai un almacén de construcións e para entrar cara garabullos teremos que coller a seguinte pista á esquerda, onde xa aparece o cartel indicador.
 
 O camiño que entra en garabullos desvíase á esquerda despois de pasar un grupo de curvas*, dende onde se ve a casa ó fondo dos prados.
 
O camiño que entra en garabullos se desvía un pouquiño máis adiante á esquerda dende onde se ve a casa ó fondo dos prados pechados cunha valla, onde están os cabalos.

 
*NOTA: Esta pista é estreita e os autobuses grandes deben maniobrar a modo para xirar na última curva.

Coordenadas GPS: 43.255139,-7.58275
 
Albergue Rural Garabullos
Lugar de A Rega 23
Sistallo, Cospeito, Lugo
Telf.: 600 03 49 07
albergue@garabullos.com
Revolta Natural www.revoltanatural.org Inicio Contacto Facebook
Condicións