A historia de garabullos

            Os xóvenes que vivimos en Garabullos sempre quixemos vivir no rural e valernos das nosas capacidades e das relacións co entorno natural e social máis próximo para satisfacer as nosas necesidades.

            Plantexamos un proxecto de autoemprego no que puideramos facer realidade o noso modo de entender a vida e conseguir ser felices e pensamos que sería bonito compartir a nosa forma de plantexar a vida co resto da sociedade, polo que abrimos a nosa casa a visitas de escolares e outros grupos baixo a denominación de Granxa Escola Garabullos.

            Durante cinco anos recibindo a grupos, fundamentalmente escolares aínda que tamén de asociacións e familias, na finca que acondicionamos en Cospeito (a 30 km ó noreste de Lugo) e lles presentamos a nosa proposta vital realizando actividades de achegamento á natureza e a granxa, en visitas de día e mesmo campamentos, sempre coa finalidade última de educar nun sentemento de conexión e valoración do entorno rural como lugar de alta calidade de vida.

            Foron moitos os que integraron a estadía no seu álbum de experiencias para vivir respectando a natureza, pero o proxecto garabullos é máis que un día fóra da aula ou unha semana xogando na chaira.

            Garabullos é, para os seus visitantes, unha alternativa para o lecer educativo, que integra o traballo no campo como unha actividade de descanso e relaxación, de encontro con un mesmo...

            Estes últimos anos, a crise socioeconómica motivou unha reflexión social na que se valoran os modelos de consumo, gañando forza aqueles que están baseados no desenvolvemento en decrecemento, a produción ecolóxica de alimentos, a comercialización local, o traballo en relación directa cos intereses e gustos, o entorno rural como lugar para vivir, a educación compartida en comunidade, o aforro enerxético...

            E en Garabullos cremos nese modelo de vida e, na necesidade de obter recursos económicos para satisfacer as nosas necesidades básicas que non producimos, poñemos en funcionamento a horta “Echeoquehai”, na que ofreceremos a consumidores locais a nosa produción de verduras e ovos de produción sostible segundo a tempada, sen máis esixencias que as da natureza.

            E para poder achegar e compartir a nosa experiencia e achegala ós visitantes que valoran este xeito de vivir, potenciamos o “Albergue Rural Comunitario Garabullos” no que ofrecemos aloxamento e servizos de comedor, ampliando a oferta cunha pequena cantina e comedor para celebracións, con tarifas económicas, produtos naturais e propoñendo sistemas de pago alternativos nos que a moeda de cambio é o esforzo de traballo.

       A participación nas actividades cotiás de granxa e horta é posible en horarios e épocas concretas, segundo a intensidade da actividade produtiva.

          Periodicamente, nas instalacións do albergue celebramos encontros e  exposicións de interese medioambiental ou artístico, acompañándoas de degustacións gastronómicas preparadas con produtos locais e de tempada.

            Outras actividades, na instalación e no entorno da Reserva da Biosfera “Terras do Miño”, son dinamizadas pola Asociación Revolta Natural.

Albergue Rural Garabullos
Lugar de A Rega 23
Sistallo, Cospeito, Lugo
Telf.: 600 03 49 07
albergue@garabullos.com
Revolta Natural www.revoltanatural.org Inicio Contacto Facebook
Condicións