O entorno

é un proxecto rural na parroquia de Sistallo, no concello de Cospeito, na comarca da Terra Chá. A 30 km de Lugo capital, Galicia conserva unha chaira viva e productiva entre os 400 e 600 metros de altitude sobre o nivel do mar, protexida por fermosas serras, entre as que destacan a do Xistral e a Cova da Serpe, ademais da serra de Meira que ve nacer o río Miño.
 
A conca alta da corrente fluvial galega máis importante, declarada pola UNESCO “Reserva da Biosfera”, atravesa a chaira durante 40 km, recollendo as augas dos cauces vivos de infinidade de afluintes e subafluintes, entre os que destacan o Ladra, o Parga e o Támoga, que forman un conxunto de humidais catalogados como LIC (Lugar de Interese Comunitario) pola súa característica biodiversidade de flora e fauna, especialmente ornitolóxica.
 
A lagoa de Cospeito, a 3 km escasos de , é o núcleo principal deste complexo de humedais e proporciona unha das máis fermosas experiencias de observación de aves nas épocas de aparellamento e cría.
 
A perseverante humidade do chan da chaira favorece a asociación dos solos inundables cos pastos e aproveitamentos agrícolas, así como a proliferación de bosques de ribeira, turbeiras e carballeiras que embelecen e protexen o noso territorio.
 
está preto de moitas e variadas representacións de épocas históricas pasadas do municipio, como as medorras da Millarada ou o Pazo e Torre de Caldaloba.
 
Na Terra Chá hai moito que desfrutar: artesanía, gastronomía, festas populares, feiras, espectáculos, exposicións... pero sobre todo, paisaxes.
 
E nun radio de 30 km, podemos visitar moitos outros lugares de interese natural e cultural como a Muralla de Lugo (Patrimonio da Humanidade) e o seu casco histórico, o Parador dos Andrade en Vilalba, o Castro de Viladonga en Castro de Rei, a Serra do Xistral (nacemento do Miño) en Meira, a alfarería de Bonxe en Outeiro de Rei, ...
 
Albergue Rural Garabullos
Lugar de A Rega 23
Sistallo, Cospeito, Lugo
Telf.: 600 03 49 07
albergue@garabullos.com
Revolta Natural www.revoltanatural.org Inicio Contacto Facebook
Condicións