A casa

A casa de pedra foi reformada con gran respecto na busca da harmonía co medio e coa tradición rural chairega. Foi construída a metade do século XX e dedicada á vida familiar e sinxela, típica da tradición rural agrícola e gandeira.
 
Na rehabilitación respetamos a distribución, ampliando a zona que acolle a cociña-despensa e os aseos e duchas.
              
As que eran cuadras foron saneadas e ailladas, dando lugar a tres dormitorios con capacidade de 8 prazas en liteiras e un máis de 3 prazas, reservado a monitores ou acompañantes. Os muros de pedra e os teitos de madeira nobre proporcionan unha agradable sensación de conexión coa natureza e a tradición rural.
 

Os aseos están deseñados para a accesibilidade e aforro, sendo as duchas comunitarias.
 
O que antes era o “alboio” hoxe é unha sala de usos múltiples, normalmente empregada como comedor, con capacidade para 50 comensais en mesas corridas.
 
Na pranta alta do “alboio”, no que antes acollía o graneiro, estamos acondicionando unha saliña dende a que poder desfrutar do descanso co cercanía dunha das pezas máis singulares da casa: a forquilla que soporta a estrutura do tellado.
 
A palleira, a carón do forno de pedra tradicional, mantense aberta para á espera da rehabilitación. A panorámica que nos ofrece esta construción é de espectacular beleza e simplicidade: as leiras de prado e fragas da chaira, o Pazo de Sistallo e a serra que limita a comarca, ademais da elevación da Feira do Monte, capital do municipio.
 
E mirando ó horizonte, dende os prados limpos de , poderemos sentir a maxia da luz solar na madrugada e no serán e a espectacular encanto da noite escura, cun ceo cheiño de estrelas.
 
A carón do albergue está a horta familiar ecolóxica, que nos abastece, segundo a época, con tomates, leitugas, calabacíns, grelos, cenouras e tantas outras verduras e hortalizas. Os campos de cereal, patacas e berzas son sementados para alimentar ós animais da granxa: galiñas, patos e ocas, coellos, porcos, potras e burros, cabras e ovellas, ... que viven disfrutando do pasto bravo e do contacto coa xente.
 
O prado da continuidade á finca, dende a que se observa a nobreza do Pazo de Sistallo. As fragas que rodean a casa dan cobixo a corzos, raposos, xabaríns e cigoñas, entre tantas outras aves como picapinos, zorzais..., que fan as súas guaridas entre carballos, acibros, castiñeiros, salgueiros, bidueiras...
 
Albergue Rural Garabullos
Lugar de A Rega 23
Sistallo, Cospeito, Lugo
Telf.: 600 03 49 07
albergue@garabullos.com
Revolta Natural www.revoltanatural.org Inicio Contacto Facebook
Condicións