Albergue Rural Comunitario

En  Garabullos queremos participar na promoción do sentemento de paixón pola natureza e colaborar en todo o que poidamos cos amantes da natureza que escollades a nosa comarca para fortalecer ese sentimento.

        O Albergue Rural Comunitario Garabullos está situado no corazón da Reserva da Biosfera “Terras do Miño”, na bisbarra de Terra Chá, provincia de Lugo.

Na concepción desta instalación está ofrecer un aloxamento de descanso humilde e tranquilo en pleno contacto coa natureza, a cultura e as xentes veciñas.

O albergue é unha casa de pedra tradicional da zona, rehabilitada co fin de acoller visitantes amantes do ámbito rural e natural. Ofrecemos as nosas instalacións accesibles a todo o mundo, con dormitorios e baños comunitarios, zona de comedor- estar, palleira con forno de pedra e cantina, nun ámbito silencioso e tranquilo, rodeados de carballeiras e prados de herba que se sementa para o gando.

A actividade principal en Garabullos é o cultivo dunha horta de produción sostible, con criterios de cultivo ecolóxico e unha pequena granxa, na que viven cabalos, cabras, galiñas, coellos... ademais dos sempre fieis e amigables cans e gatos.

As instalacións do Albergue Rural Comunitario Garabullos permiten a estadía con aloxamento de grupos até 27 persoas en dormitorios comunitarios con liteiras e co servizo de almorzo incluído. Esta capacidade pódese ampliar coa acampada, con equipamento propio ou facilitado polo albergue, nas zonas habilitadas a tal fin.

As nosas salas, de uso polivalente e as instalacións e entorno exterior, poden ser empregadas como lugar de realización de reunións de empresa, encontros formativos e sociais, presentacións de proxectos...

No comedor servimos menús de tempada, con produtos locais e/ou ecolóxicos, de celebración... segundo a demanda para grupos de até 50 persoas

Invitámosvos a gozar do entorno da Reserva de la Biosfera "Terras do Miño", asesorándovos sobre actividades, recursos e rutas que poderedes coñecer e gozar durante a vosa estadía.

Se o que buscades é unha estadía cun programa de actividades guiado, podedes consultar a oferta que deseña a Asociación Revolta Natural: campamentos, estadías didácticas para escolares, celebracións de eventos festivos (cumpreanos infantís, despedidas de solteiros/as,...)

Albergue Rural Garabullos
Lugar de A Rega 23
Sistallo, Cospeito, Lugo
Telf.: 600 03 49 07
albergue@garabullos.com
Revolta Natural www.revoltanatural.org Inicio Contacto Facebook
Condicións