Actividades en Garabullos

Garabullos é un espazo de aprendizaxe de valores e creación de sentementos por observación e contacto.

Dende o ano 2012, o proxecto Garabullos muda a forma de organización e, se ben a instalación mantén o nome, as actividades son dinamizadas pola Asociación Revolta Natural, sendo os socios e socias os que promoven e guían os diferentes proxectos dirixidos a contaxiar a paixón e o compromiso coa natureza.

    A asociación mantén a liña metodolóxica iniciada anos atrás, promovendo a aprendizaxe baseada nos intereses e o talento persoal, os coñecementos previos compartidos en grupo e o ritmo pausado e intenso da natureza, motivando na curiosidade e a autonomía. Con base na metodoloxía do proxecto Garabullos elabora o Manifesto da Revolta a modo de declaración de intencións e código de conducta.

A Granxa Educativa, os Campamentos de Verán, Actividades en Familia e  outras actividades pretenden aproveitar as potencialidades didácticas que a instalación ofrece coa horta e granxa sostibles, amosando a riqueza da vida en contacto cos animais e a terra, ademais de defender e promover a calidade de vida no entorno rural.

Achegádevos a Garabullos a vivir experiencias de descfrute da natureza.

       Podes coñecer este programa e moitos máis na web da

Asociación Revolta Natural




Albergue Rural Garabullos
Lugar de A Rega 23
Sistallo, Cospeito, Lugo
Telf.: 600 03 49 07
albergue@garabullos.com
Revolta Natural www.revoltanatural.org Inicio Contacto Facebook
Condicións